Bolsas para inmersión lingüística en inglés en España para alumnos de Bacharelato e FP


12 Feb, 2025

BOEResolución do 6 de febreiro de 2025, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España durante o mes de xullo de 2025.

 Convócanse un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2025.

INSCRICIÓN

Entre outros requisitos é necesario nacer entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008.

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso, os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato.

O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o día 13 de marzo de 2025 ás 15:00 hora peninsular.