Convocatoria para estranxeiros de auxiliares de conversación curso 25/26


12 Feb, 2025

BOE - Resolución de 6 de febrero de 2025, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan plazas para auxiliares de conversación extranjeros para el curso académico 2025-2026

  • Convócanse axudas para Graduados e estudantes universitarios no seu último ano académico dos seguintes países: Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Costa do Marfil, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas, Finlandia (inglés), Francia, Hungría, Irlanda, India, Islandia (inglés), Italia, Luxemburgo, Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fiyi, Illas Salomón, Kiribati, Samoa, Tonga e Vanuatu), Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia (inglés) Suíza (alemán ou francés), Tailandia e Tunez.
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 11 de febreiro ao 26 de marzo de 2025, ambos inclusive.
  • Requisitos xerais para candidatos Novos e Renovadores son:

Ter nacionalidade ou residencia permanente nalgún dos países cos que se subscribiron Convenios Bilaterais de Cooperación Cultural, Científica e Técnica ou Memorandos de Educación, enumerados no apartado 1.

Obter unha titulación universitaria ou ser estudante universitario, como mínimo de segundo curso, ao peche da convocatoria.

Ser maior de idade (cumprir 18 anos antes do 1 de xaneiro de 2025) e ser menor de 60 anos ao 1 de xaneiro de 2026.

Presentar documento de Declaración Responsable (Anexo I) que confirme que o candidato non padece enfermidade ou condición especial que imposibilite o exercicio das súas funcións como auxiliar de conversación.

Presentar documento asinado de Declaración de coñecemento e aceptación das condicións do programa de auxiliares de conversación (Anexo I).

Presentar unha carta de motivación asinada (só novos).

Presentar unha carta de referencia ou informe, dun profesor ou empregador, non anterior a setembro de 2023 (só novos).

Os candidatos de: Bulgaria, China, Dinamarca, Finlandia, Hungría, Noruega, Polonia, Países Baixos, República Checa, Singapura e Suecia deben acreditar un nivel de inglés equivalente a un C2.

Dispoñer dun certificado negativo de delitos de natureza sexual. Este certificado esixirase en calquera fase do proceso (os renovadores deben solicitalo á policía española).

Os auxiliares de conversación percibirán unha axuda mensual de 800 euros, en concepto de axuda para a dieta de manutención e aloxamento, por 14 horas semanais de colaboración nos centros escolares. Nalgúns casos esta asignación pode ser superior. 

 

 

Para calquera dúbida ou aclaración, podes contactar con ANPE