DOG - RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
-
1. Convocatoria de abril: a proba terá lugar o día 11 de abril de 2025.
2. Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 6 de xuño de 2025.
-
Lugares de realización das probas
A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. (EPAPUS e IES San Clemente)
-
O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba serán:
a) Para a convocatoria de abril: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.
b) Para a convocatoria de xuño: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.
-
Solicitudes: as solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no punto 4 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.