Podes ler o resumo completo de cada un dos puntos tratados no titular da noticia.
Ano tras ano, dende ANPE trasladamos as mesmas alegacións á administración galega, que presenta múltiples carencias que afectan tanto ao profesorado como ao alumnado. En primeiro lugar, seguimos atopándonos con problemas estruturais que dificultan o desenvolvemento dun ensino de calidade. A pesar das propostas e alegacións presentadas para mellorar o sistema, a resposta da administración sempre é a mesma: inmobilismo e falta de acción. Unha vez máis, topamos co mesmo muro, cun sistema que non avanza ao ritmo das necesidades reais.
A data de incio das probas será o sábado 21 de xuño. Non se pode precisar data de publicación da Orde de convocatoria porque debe aprobar o Consello da Xunta o Decreto da OPE antes.
CUESTIÓNS DE ANPE QUE SI RESPOSTOU A ADMINISTRACIÓN:
- Haberá dúas novidades na instancia de participación: unha será que terán que marcar o consentimento expreso de consulta de antecedentes sexuais, a outra será que os aspirantes que teñan discapacidade intelectual poidan marcar unha pestana para seleccionar dita opción.
-
ANPE Galicia considera que debe haber uns criterios de valoración das probas comúns para todos os tribunais dunha mesma especialidade así como unhas probas comúns: A Administración resposta que os tribunais son soberanos pero cada vez se coordinan máis para poñer as mesmas probas.
- ANPE considera que a valoración dos méritos da fase de concurso debe levarse a cabo por parte da Administración como se facía hai tempo e non por parte dos tribunais: A Administración resposta que seguirá baremando o tribunal.
- ANPE demanda que, aqueles aspirantes que superen a proba de coñecemento da lingua galega nunha convocatoria non teñan que presentarse a dita proba en futuros procesos: A Administración resposta que a lexislación non o permite xa que indica que é requisito ter o CELGA 4 e, no caso de non telo, hai que presentarse á proba.
- ANPE demanda que, nesta Orde de convocatoria, SE INCLÚA O PROCESO DE ELABORACIÓN DE LISTAXES DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS PARA O CORPO DE INSPECCIÓN. A Administración resposta que non incluirá o texto da elaboración da listaxe de interinidades e substitucións no caso de inspección.
-
ANPE solicita a valoración do nivel C1 de lingua galega. A Administración o considera un requisito e non o valorará.
- ANPE demanda que se restaure o prazo de reclamación de notas das probas de dous días que se elimina por primeira vez nesta convocatoria: Revisarán como redactar o tema dos dous días para “reclamar” ante os tribunais para que os aspirantes non o confunda cun recurso administrativo
Tamén que se permita a gravación das probas orais para maior garantía. A Administración indica que hai problemas legais (polo tema de custodia das gravacións) e técnicos polo que, de momento, non contemplan esta posibilidade.
PARA CALQUERA DÚBIDA OU ACLARACIÓN, CONTACTA CON ANPE