- ANEXO II contén unha relación das persoas ás que se lle ten concedido o nivel A1 polo recoñecemento de determinadas titulacións universitarias, segundo o expresado no Artigo 3.1.b na Resolución do 5 de xullo de 2024.
Aclarar que para que este recoñecemento se faga efectivo, a Universidade na que se obtivo a titulación debe achegar unha certificación que conteña o nivel adquirido, en caso contrario non será recoñecida por parte da Consellería de Educación.
- ANEXO III contén unha relación das persoas ás que se lle recoñecen o nivel C1 e/ou C2 (ou áreas concretas) a partir das evidencias que presentaron segundo os prazos establecidos pola Consellería de Educación.
Para ámbalas dúas listaxes ábrese un prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias.
- ANEXO I: No que se inclúen 6 novas especialidades que, de oficio, outorgarán o nivel B2 no caso de que se teñan impartido durante 2 anos, así como outras 3 especialidades que non serán incluídas a pesar de que se ten solicitado.
Esta resolución foi presentada na reunión da Comisión de Acreditación de CDD da que ANPE forma parte como organización sindical representante do profesorado galego.
Dende a nosa organización seguiremos a resolución das vindeiras fases neste proceso e convidamos a todos os/as docentes a que nos fagan chegar as súas dúbidas ou reclamacións.