Resumo da Mesa Sectorial - borrador do Concurso de Orientación e vacantes


18 Nov, 2024

WEB - Resumo completo co borrador da convocatoria do Concurso de Traslados de Orientación do corpo de Mestres

Borrador da Orde do Concurso específico

Vacantes para dito concurso

ROGOS NA MESA:

  • Demandamos que se axilice o pago de trienios e sexenios a docentes antes de que finalice o ano e así evitarlle o posible perxuicio fiscal. Hai prevista unha reunión entre hoxe e mañá para axilizar o tema en Función Pública.

  • Denunciamos o retraso do pago a membros do tribunal que actuaron nos últimos procesos selectivos. Pagarán dentro deste ano fiscal

  • Solicitamos a actualización da Orde de Permisos, Licenzas e vacacións. A Administración abordará este tema este curso.
  • ANPE informa do recurso presentado  pola convocatoria para cubrir postos de inspección con carácter accidental.  ANPE considera que non é legal e quere facer constar en acta que xa manifestou as súas dúbidas legais polas implicacións que poida ter.
  • Seguimos a demandar o pago dos meses de verán para o profesorado substituto que traballe máis de 5,5 meses.
  • ANPE solicita unha negociación para unha orde de formación en CDD clara e que recopile toda a información precisa de xeito claro. Están traballando nun borrador dunha nova orde de formación que será trasladado cando este avanzado o mesmo.
  • ANPE solicita coñecer as especialiades que se convocarán nos vindeiros procesos selectivos para abordar unha negociación real das mesmas. Aínda non hai ningunha previsión.