>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: LIGAZÓN á participación
>> O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 3 de maio de 2024.
>> A persoa coordinadora e o profesorado participante nos proxectos premiados recibirán da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades unha certificación de 1º premio de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para o profesorado coordinador e 20 horas para o resto do profesorado participante