>> Principais novidades na primeira proposta do Ministerio:
1. Increméntase a puntuación por antigüidade no centro e provisionalidade como funcionario de carreira.
2. A antigüidade no corpo computarase como interino, en prácticas e de carreira tamén a efectos de desprazamentos e supresións.
3. Difícil desempeño: baremaranse os servizos efectivos prestados ata a obtención dun novo destino definitivo.
4. Másteres: baremarase máis dun Máster oficial.
5. Grao: puntuarase con 2 puntos se se obtivo cursando menos dun 50% dos créditos do título.
6. Doutoramento: increméntase a puntuación a 6 puntos.
7. Titulacións de idiomas: Valoraranse tamén os certificados expedidos por entidades acreditadas do MCERL (Cambridge, Trinity,…).
ANPE pide unha reforma integral do RD de Concurso de Traslados, non mediante parches e que se volva a convocar esta Mesa para poder facelo. O Ministerio comprometeuse a celebrar unha nova reunión en breve para seguir negociando.
Na próxima mesa levaremos xa propostas máis concretas sobre o novo borrador que nos envíen como tope de puntuación en apartados como o de equipos directivos e outras funcións como coordinacións, titorías etc.