RESUMO da Mesa Sectorial - PIALE


05 Mar, 2024

WEB - RESUMO da Mesa Sectorial coa Orde de convocatoria para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2024.

>> Rogos e Preguntas de ANPE

  • ANPE demanda, como fixo por escrito, que se recoñeza administrativa e económicamente o cargo de Coordinador/a de programas internacionais nos IES como se fai nos CIFP. Fan o mesmo traballo e non é recoñecido, o que supón un agravio compartivo que xurde de que nos IES este cargo non ten unha denominación homoxénea e acorde á normativa que sí permite a sua valoración nos CIFP. Nesta mesma liña deben valorarse absolutamente todas as coordinacións, non so administrativamente senón tamén con efectos económicos.
  • ANPE denuncia a premura e a presión á que se lle está a someter ao profesorado no tema da acreditación da competencia dixital do alumnado. Vai en contra da redución da burocracia e supón unha premura que é totalmente innecesaria cando a propia a Administración leva con calma a acreditación da competencia dixital docente.
  • ANPE demanda que se estableza unha redución de horario lectivo claro e preciso para as coordinacións EDIXGAL en función das circunstancias de cada centro xa que en cada un dos centros educativos se fai dunha forma diferente.

  • ANPE denuncia que certa organización sindical enviase un correo masivo a todo o profesorado informando dun “suposto compromiso” da administración de estudar un “concursillo” para o profesorado de relixión cando non se alcanzou dito compromiso. Desde ANPE Galicia levamos anos demandando un “concursillo” para funcionarios con destino provisional e se, realmente se vai negociar para outros colectivos, insistimos en negocialo para TODOS.