• Noticia destacada

CXT 22/23 - Adxudicación definitiva do corpo de MESTRES


12 Mai, 2023

DOG - RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres (código de procedemento ED012A), convocado mediante a Orde do 4 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 196, do 14 de outubro).

>> A toma de posesión dos novos destinos adxudicados mediante esta resolución, que se realizará na Xefatura Territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2023, polo que o cesamento nos centros anteriores se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2023.

>> LIGAZÓN ao todo o proceso

>> LIGAZÓN ao Concurso a nivel estatal

Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

A) Persoal concursante do ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Deberá empregar o trámite "Recurso de reposición" activado no procedemento normalizado ED012A dispoñible na solicitude de participación CXT.

B) Persoal concursante do ámbito de xestión doutras comunidades autónomas:

-Deberá empregar para formular o recurso de reposición o modelo normalizado PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo: LIGAZÓN