Resumo da Mesa Sectorial sobre Addenda ao acordo de interinos


07 Mar, 2023

WEB - RESUMO completo da Mesa Sectorial - Addenda de interinos ao acordo de 1995

LIGAZÓN  ao VIDEO coa posición de ANPE.

 

Extracto de Rogos e Preguntas:

>> A Administración informa que, tal e como solicitou ANPE hai días, se procedeu ao pago dos membros dos tribunais das oposicións e aos membros das mesas das eleccións sindicais.

>> ANPE Galicia traslada á Consellería as súas reivindicacións en relación á integración do profesorado de Formación Profesional esixindo complemento salarial para todos os afectados: Dito complemento salarial debe ser extensivo a todos os colectivos encadrados no grupo A2.

A Administración informa de que está prevista a publicación, no día de mañá, da resolución provisional das persoas que se integran no corpo de PES.

>> ANPE solicita información sobre o motivo polo que non se están a cargar as renuncias do Concurso Xeral de Traslados na aplicación

A Administración resposta que será posible ver as que sexa posible tramitar.

>> ANPE pide información sobre datas de publicación da resolución provisional e definitiva do concurso de méritos de de estabilización.

A previsión é que se publique a puntuación provisional a finais deste mes ou principios do que ven.

>> ANPE entrega á Administración, despois de facelo por rexistro, un escrito de solicitude de apertura de negociacións para a REDUCCIÓN DA BUROCRACIA, a REDUCCIÓN  do horario lectivo do profesorado e a REDUCCIÓN das rateos.

>> ANPE solicita a apertura de negociacións dun novo acordo retributivo.

>> ANPE traslada á Consellería si procedería publicitar unha circular informativa sobre os cambios na tramitación das baixas médicas

A Administración está estudiando como proceder. Posiblemente a cuestión pase por que o profesorado avise ao centro da baixa e posible duración sen necesidade de aportar o parte de baixa.

1. PROXECTO ADDENDA ao Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, adaptado a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Dende ANPE, como firmantes do acordo (sen cores, so con traballo e profesionalidade) seguiremos a defender as mellores condicións laborais e acorde a lei para o profesorado interino/substituto.