Demandas de ANPE no apartado de Rogos e Preguntas:
- Solicitar o cese do Xefe Territorial como máximo responsable da actuación por parte da Administración Educativa co persoal directivo do CEIP Luis Seoane de Oleiros.
- Solicitamos unha regulación normativa das condicións laborais no caso de teletraballo e a dotación de medios e recursos a todo o profesorado.
- Solicitamos información sobre cando se van publicar a baremación das 41 listas que quedan pendentes, a lista provisional de admitidos nos procesos selectivos e a lista provisional no acceso a cátedras. A Administración resposta que no relativo á baremación das listas hai máis de 15.000 solicitudes e van priorizando aquelas listas que teñen máis urxencia. Francés de secundaria e de primaria vanse abrir de novo. Con respecto ás oposicións e cátedras consideran que hai prazo suficiente, pero que antes de decembro posiblemente non se publiquen.
- Denunciar os problemas dos horarios onde non se está a computar o horario de atención ao alumnado transportado ou alumnado antes dos recreos e despois dos recreos en períodos anteriores a actividade lectiva. Non se poden modificar horarios pola situación da COVID sen ningún tipo de regulación.
- Denunciar, como facemos todos os anos, os casos de vacantes adxudicadas no CADP con perfís “irreais e incongruentes” recollidos como “afíns”. Urxe unha regulación xa.
- Demandamos aclaracións sobre as faltas do profesorado no caso de corentenas (ben propias ou ben de familiares directos: fillos, cónxuxes, etc). A Administración resposta que toda aquela persoa que estea nun centro educativo e teña indicacións de permanecer no seu domicilio por ser convivinte cunha persoa sospeitosa de ter COVID pode permanecer na casa presentando declaración responsable. Con respecto ao tema de permanecer en casa para atender a un fillo ou filla non hai unha regulación específica polo que debería usar as mesmas solucións que si debe quedarse con fillo na casa por causas alleas ao COVID.
- Demandamos tamén que se estudien convenientemente por parte das inspeccións médicas as solicitudes de valoración de situacións de vulnerabilidade e non se neguen sistematicamente usando unha resposta “standard”.
- Denunciamos a situación de vulnerabilidade e risco para a súa integridade física que está a sufrir o persoal do centro de menores “Santo Anxo” de Rábade.
- Demandamos aclaracións sobre a suspensión das licenzas por formación. Se está contestando aos participantes que estaban no estranxeiro que non se lles van aboar as facturas.
- Demandamos coñecer porque se están a prorrogar continuamente as solicitudes das prazas ARCO.
- Solicitamos á Consellería que dote de EPI específicos para o profesorado.
- Demandamos coñecer o procedemento COVID para o profesorado de MUFACE.
- Solicitamos información sobre como se está a xestionar as probas PCR ou serolóxicas para o profesorado substituto que se incorpora ao centro unha vez iniciado o curso.
- Denunciamos a falta de profesorado para as probas libres das EOI.
- Demandamos coñecer cales son os criterios para conceder ou non a semipresencialidade en Ciclos Formativos xa que hai centros onde se concede e outros con similares características onde se nega.
- OPOSICIÓNS: A administración afirmou que as programacións das oposicións deben aterse ao recollido na orde de convocatoria do 24/2/2020 e non relacionadas coa situación extraordinaria da COVID-19