Galicia mantén o inicio de curso pero coa incorporación gradual do alumnado


01 Set, 2020

WEB - Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21

Calendario de incorporación nas distintas ensinanzas non universitarias

 

- Xoves 10 de setembro:  4º de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Educación Infantil (4 anos)

           1º, 2º e 3º de Educación Primaria e Educación Especial.

- Venres 11 de setembro:  6º curso de Educación Infantil (5 ano)

                                             4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

- Mércores 16 de setembro:  1º e 2º de ESO

                                                1º de Bacharelato, 1º de FP Media e 1º de FP Superior

- Xoves 17 de setembro:  3º de ESO

                                            2º de Bacharelato, 2º de FP Media e 2º de FP Superior

- Venres 18 de setembro:  4º de ESO

                                             FP Básica.

O alumnado de ensinanzas profesionais artes plásticas e deseño e as deportivas incorporarase nas mesmas datas establecidas para o alumnado de formación profesional.

O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partr do 16 de setembro de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certfcación establecidas para cada unha delas.