ANPE esixe a reanudación das substitucións do profesorado


13 Abr, 2020

WEBANPE esixe a reanudación das substitucións para non sobrecargar ao profesorado nin mermar a calidade do ensino

 A actividade lectiva continúa o seu curso, de forma telemática, e os docentes estamos a facer un enorme esforzo para manter a calidade do ensino.

   É prioritario que a Consellería de Educación realice as substitucións do profesorado de baixa, suspendidas o 12 de marzo coa implantación do estado de alarma en todo o país, para non sobrecargar aos docentes que realizan as tarefas educativas desde a súa casa nin mermar a calidade do ensino nunha situación tan delicada como na que nos atopamos.

   A actividade lectiva continúa totalmente operativa,  de forma telemática, e os docentes  estamos a facer un enorme esforzo e un traballo improbo para atender ao noso alumnado nas mellores condicións posibles, adaptándonos non só  á actividade telemática que en condicións normais  non realizamos de forma exclusiva se non tamén a xestionar as múltiples casuísticas que lles acontecen: falta de conexión, de medios, de infraestructura… 

  Destacar por exemplo, casos que se dan como o dun profesor de Secundaria con grupos de BAC que se ten que facer cargo  de 70 alumnos a maiores dos seus, aos que non coñece de nada porque a súa compañeira está de baixa por enfermidade e NON se procedeu a cubrir a súa ausencia coa preceptiva substitución. É evidente que estes alumnos, nunha situación tan crítica como a que estamos a vivir non van  poder ser atendidos como a situación o require porque non é posible que este docente no seu horario de traballo poida atender en condicións óptimas aos seus alumnos e alumnas máis outros 70.

Non é de recibo que as ausencias de profesorado que se veñen a producir por distintas situacións: incapacidade temporal, permisos de paternidade e maternidade, xubilacións…NON se doten do  persoal sustituto correspondente,deixando aos alumnos sen un titor ou especialista de referenciae tendo que adoptar a dirección dos centros a decisión do reparto de grupos de alumnos  entre o resto do profesorado do centro, sobrecargando a dito profesorado que se ve superado pola situación e carente de ferramentas ante unha situación tan excepcional e novidosa como a que estamos a vivir.

  Non podemos permitirnos que a suspensión da actividade educativa nas nosas aulas limite a atención educativa daqueles alumnos e alumnas que non dispoñan dun titor ou profesor especialista de referencia.

 ESIXIMOS que  se poña en marcha desde XAas substitucións do profesorado na nosa Comunidade Autónoma tal como se está a facer noutras moitas desde hai tempo, mesmo algunha que nunca deixou de realizalas.