• Noticia nova

ANPE solicita un permiso retribuido por causas climatolóxicas adversas


27 Xan, 2026

WEB - ANPE solicita un permiso retribuído de 4 días por causas climatolóxicas adversas que está incorporado no Estatuto dos traballadores, para que se aplique no ámbito docente

Xustificante rexistro

A protección da seguridade e da saúde do persoal empregado público é un dereito básico recoñecido polas leis.

 No 2024 aprobáronse medidas que reforzan a necesidade de evitar que as persoas traballadoras se expoñan a riscos graves, como os derivados de fenómenos meteorolóxicos extremos.

As normas da función pública e da prevención de riscos obrigan á Administración a garantir condicións de traballo seguras, especialmente cando hai perigo grave ou dificultades para acceder aos centros de traballo.

Cando existen alertas meteorolóxicas oficiais ou recomendacións das autoridades que desaconsellan os desprazamentos, debe priorizarse a seguridade e a integridade física do persoal funcionario.

Por iso, solicítase que se recoñeza un permiso retribuído por causas meteorolóxicas adversas para o persoal funcionario da Xunta de Galicia, nos casos de imposibilidade de acceso ao posto de traballo ou de risco grave e inminente.