A Xunta suspende as clases en todos os niveis educativos obrigatoriamente dende o lúns


12 Mar, 2020

WEB - A Xunta de Galicia acaba de anunciar que os centros de todos os niveis educativos permanecerán pechados dende o lúns, 16 de marzo e, preferiblemente dende mañá venres, está previsto que hoxe pola tarde estará o texto coas medidas adoptadas.

Dende ANPE apremiabamos a que se tiñan que adoptar as medidas preventivas necesarias para preservar a saúde do alumnado e do profesorado.

ANPE considera conveniente que os docentes e o resto de persoal destes centros educativos deban cumprir coa súa xornada laboral habitual a través do sistema de teletraballo desde o domicilio particular e facelo compatible coa apertura do centro a través da flexibilidade horaria, quendas escalonadas e reunións por videoconferencia; así se garante, aínda que sexa por medios non presenciais, a continuidade das actividades docentes e posibilitar que os alumnos poidan seguir con garantías suficientes os seus estudos e protexer aos grupos de risco, entre os que tamén se atopan os profesores con afeccións crónicas.

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS