Resolución definitiva de centros participantes na "English Week" para 6º e ESO


13 Feb, 2020

DOG RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Unha vez rematado o procedemento previo á concesión das actividades de inmersión lingüística establecidas na convocatoria, cómpre facer pública a relación definitiva dos centros seleccionados destas actividades, de acordo co establecido no artigo 11.5 da devandita orde.

1. Publicar a listaxe dos centros seleccionados coa puntuación obtida.

2. Contra esta resolución poderá interporse un recurso de alzada ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.