- A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025 (pendente de publicar)
- Prazo de inscrición do 17 de outubro ao 30 de outubro
TRAMITACIÓN EN LIÑA pola sede electrónica (código de procedemento PL500G).
O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de 100. Se se reciben máis solicitudes ca prazas dispoñibles, a asignación destas farase a través dun sorteo aleatorio puro. Todas as persoas solicitantes recibirán por correo electrónico un aviso que lles comunicará se foron seleccionadas ou se figuran na listaxe de agarda.
Unha vez publicada a listaxe de seleccionados en https://www.lingua.gal , abrirase un prazo de cinco días hábiles para que estas paguen a taxa ( 16, 92€) de dereitos de exame e presenten o xustificante.
O pagamento da taxa poderá realizarse de forma telemática ou presencial: https://ovt.atriga.gal e pagar mediante tarxeta, bizum ou cargo na conta e achegar o xustificante de pagamento a través da Carpeta cidadá.
– Consellería: Cultura, Lingua e Xuventude. Código: 10.
– Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.
– Servizo: Secretaría Xeral da Lingua. Código: 09.
- Denominación da taxa: inscrición nas probas homologadas para acreditar o nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE