• Noticia nova

CELGAs - datas de realización das probas para a obtención dos certificados


24 Out, 2025

DOGRESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 1 de setembro de 2025 

 

– Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.

• 16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.

– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:

• 23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán: 

En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).

– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).

– En Madrid: a Casa de Galicia en Madrid (rúa de Casado del Alisal, 8). 

As probas comezarán ás 9 horas.

Máis información deste procedemento en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE