Resumo da Mesa Sectorial - Currículos FP e modificación comisión por saúde


05 Feb, 2020

WEB - RESUMO da Mesa Sectorial sobre Proxectos de decretos de currículos de FP e modificación da comisión de servizos por saúde

Rogos e preguntas (ler todos no resumo)

  • No tocante ás OPOSICIÓNS solicitamos coñecer cando se vai a traer á Mesa Sectorial a oferta de prazas desglosada por especialidades. A Administración resposta que está previsto convocar unha mesa sectorial o vindeiro martes 18 de febreiro.  

Tamén queremos saber cando van a percibir as retribucións os membros dos tribunais que aínda non cobraron. A Administración resposta que desde onte están aboados todos os tribunais. 

Solicitamos tamén que na futura Orde de convocatoria dos procesos selectivos se recolla que poidan renunciar a formar parte dos tribunais todos os membros dos equipos directivos e non soamente os directores. Entendemos que se poden producir casos de deixar aos centros desatendidos tendo en conta a grande cantidade de especialidades que se van a ofertar.

Tamén esiximos que se publiquen os exames de todas as especialidades que aínda non o fixeron e tamén os da proba de castelán e galego. A Consellería resposta que soamente poderán renunciar os directores e que si se van a publicar o contido dos exames de todas as especialidades.

  • ANPE Galicia quere rematar a Mesa Sectorial demandando novamente o aboamento das cantidades detraídas das pagas extraordinarias correspondentes ao período 2013-2016 e que supoñen unha media de 5.000 euros por docente. Cataluña acaba de anunciar un compromiso para aboar entre o 2020 e o 2021 o correspondente á paga do ano 2014 polo que xa somos a única Comunidade Autónoma que non as ten aboadas ou cando menos ten un calendario de aboamento das mesmas.  

¿Onde están os nosos cartos?. Non entendemos a vehemencia coa que o Sr. Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Feijoo, solicita o pago da débeda do Estado coa Comunidade de Galicia cando el é o primeiro que non paga as súas débedasEntendemos que se ten que ser máis coherente. Empece vostede pagando as débedas que ten cos seus funcionarios e despois reclame o que considere oportuno.A Administración resposta que este é un tema que compete á Mesa Xeral da Función Pública. 

Desde ANPE Galicia respostamos á súa vez que sabemos que é un tema que compete a outra Mesa pero que, como non temos representación  na Mesma queremos que polo menos a nosa voz sexa trasladada ao Goberno da Xunta de Galicia xa que parece que o resto das Organizacións Sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública se esquecen de todo o que nos adebeda o goberno autonómico. ANPE Galicia, desde logo, non o esquece.WEB

WEB - Convocatoria de Mesa Sectorial para o 4 de febreiro coa seguinte orde do día

Pto. 4º  Proxecto de Orde para modificación da Comisión de servizos por saúde