FOLGA do día 12 de decembro - servizos mínimos


04 Dec, 2019

DOG ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019.

As organizacións sindicais CIG, CC.OO., ANPE, UGT, STEG e CSI-F comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.

Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do/da director/a ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no BOE do 4 de maio, e polo tanto, están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a dirección ou membro do equipo da dirección. Nos centros de menos de 6 unidades o director poderá ser substituído por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros