Convocatoria proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 20/21


20 Feb, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2020/21.

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2019-2020.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o día 23 de marzo de 2020, incluído.

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.