>> As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: LIGAZÓN ao procedemento.
>> O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 3 de maio de 2024.
>> Os docentes que participasen como coordinadores dos equipos premiados recibirán da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades un certificado do premio de innovación educativa cunha equivalencia de 12 horas de formación do profesorado.