WEB - Proxectos de formación para o profesorado de FP para o curso 2019/2020. Resolución provisional
Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 4 de outubro do 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2019-2020 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Prazo de presentación de reclamacións: ata o 20 de novembro de 2019.
Contra a presente resolución poderase interpor reclamación ante a presidenta da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
A reclamación poderá presentarse en calquera oficina de Rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único, ou por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
No caso de presentar o recurso nunha oficina de correos, farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente e posterior- mente proceder ao seu envío certificado.