WEB - Resolución provisional dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20.
A comisión de selección, unha vez avaliadas as solicitudes presentadas, emitirá unha resolución provisional dos centros admitidos. Esta resolución provisional poderase consultar na web desta consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).
Os centros solicitantes dispoñen dun prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación na mencionada web, para realizar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, a comisión de selección realizará a valoración das reclamacións e renuncias recibidas, e a seguir elevará a proposta definitiva á persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que adoptará a resolución definitiva dos centros seleccionados