Contratos - Programa para o curso 2019/20


11 Out, 2019

WEB Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20.

O prazo de presentación de solicitudes vai do 11 ao 25 de outubro de 2019  a través da aplicación: www.edu.xunta.es/programaseducativos

O plan deberá ser elaborado polo equipo directivo pero, a solicitude de participación deberá ser valorada polo claustro e consello escolar/social. Recollerase na PXA  e, de estar aprobada, deberase aprobar unha addenda ou modficación que recolla dita participación.

- O programa REFÓRZA-T e unha evolución do PROA (a partir de 3º, 4º, 5º e 6º. 1º e 2º ESO e FP Básica)

Grupos de 10 a 15 alumnos, fóra do horario lectivo, 4 h á semana en bloques de 2 h en días alternos preferiblemente e impartidas únicamente por profesorado externo de ensino primario; en xeral 1 único docente por centro a media xornada para 2 grupos.

O docente externo proporcionarase a través dos chamamentos ordinarios de substitucións da lista de mestres de primaria.

O docente externo a media xornada impartirá docencia de 4 horas por cada grupo, debendo cubrir o resto das horas con reforzo educativo dentro da aula para alumnado de 5º ou 6º de E. Primaria, ou 1º ou 2º de ESO, priorizando ao alumnado beneficiario do programa.

- Reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO

Grupos de 5 a 10 alumnos, fóra do horario lectivo, 4 á semana en bloques de 2 h, en días alternos preferiblemente e impartidas por profesorado externo de ensino secundario;  en xeral 1 único docente por centro a media xornada para 2 grupos.

O docente externo proporcionarase a través dos chamamentos ordinarios de substitucións da lista de docentes de secundaria.

O docente externo a media xornada impartirá docencia de 4 horas por cada grupo do ámbito de coñecemento solicitado polo centro, debendo cubrir o resto das horas con reforzo educativo dentro da aula para alumnado de ESO, priorizando ao alumnado beneficiario do programa.

O profesorado do centro participante recibirá unha certificación de 20 h en innovación educativa pero, o profesorado externo a él non. O coordinador de ambos terá unha retribución de 2 h semanais. 

- Neste curso 3 novas liñas de actuación que fan referencia a Igualdade, Convivencia e Inclusión

ENLACE ás DÚBIDAS