Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o prácticum de Secundaria


11 Set, 2019

DOG RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2019/20.

Artigo 2. Solicitudes e documentación

Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todos os interesados, aínda que en anos anteriores estivesen acreditados na aplicación Xade, seguindo o itinerario: <Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <> e <>. 

Cada centro terá un só coordinador, que será o director do centro, ou por delegación, a persoa encargada da xefatura de estudos ou excepcionalmente, unha das persoas titoras de prácticas.

Ademais, a persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos, ou da secretaría, asinarán e remitirán ao enderezo formacion.fprofe@edu.xunta.es unha listaxe coas persoas que participan, e que poderán obter directamente da aplicación Xade.

Para as escolas oficiais de idiomas, escolas de arte e Superior de Deseño e os conservatorios profesionais de música e danza, enviarán a súa solicitude ao enderezo electrónico formacion.fprofe@edu.xunta.es. Nesta solicitude indicarán os nomes do coordidador e dos titores cos correspondentes datos de DNI, especialidades e horarios (nocturno/diúrno).

O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, no cal se pechará a aplicación Xade. A partir desta data non poderán introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela.

As persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles para realizar as alegacións que se consideren ás listas publicadas no portal educativo no correo formacion.fprofe@edu.xunta.es.