Erasmus + ábrese o prazo para solicitar axudas a alumnado e profesorado

03 Set, 2019

WEBAberto o prazo de axudas a alumnado e profesorado de FP para estancias formativas en países da UE no marco do Erasmus+

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar as axudas de mobilidade destinadas a alumnado e persoal de Formación Profesional para proxectos formativos en países da Unión Europea no marco do programa Erasmus+. 

Esta convocatoria, que se pode consultar no Portal de FP , está dirixida ao alumnado e persoal de ciclos formativos de Grao Medio e de FP Básica de 43 centros públicos que imparten FP e que forman parte do Consorcio de Mobilidades (19 Centros Integrados de Formación Profesional, 23 Institutos de Educación Secundaria e 1 Centro de Educación Especial).

A través dunha axuda obtida do Consorcio Europeo de Mobilidades, a Consellería destinará máis de 1,9 millóns de euros a financiar un total de 587 prazas - 420 son para alumnas e alumnos e as 167 restantes para profesorado- para prácticas por motivos de aprendizaxe en países asociados ao Programa (Finlandia, Alemaña, Portugal, Polonia, Francia, Italia, Irlanda, Grecia, Malta, Estonia e República Checa).

O importe das axudas pode variar entre un mínimo de 1.593 euros e un máximo de 5.308 euros para o alumnado, e entre 455 e 819 euros para o profesorado en función tanto do número de días das estancias como dos países de destino.

Os requisitos esixidos para concorrer a esta convocatoria no caso do alumnado son estar cursando ciclos formativos de grao medio ou FP Básica durante os cursos 2018-19, 2019-20 e 2020-21, ou ben que acadasen a súa titulación nos mencionados cursos académicos nos centros públicos que forman parte do Consorcio de Mobilidades. En canto aos criterios de selección, terase en conta o expediente académico, as competencias lingüísticas do idioma do país de acollida e as competencias persoais e actitudes.

No caso do profesorado teranse en conta, entre outros, a antigüidade no centro e as competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo.

Mobilidade para alumnado de FP Dual

Así mesmo está aberta a convocatoria de axudas á mobilidade no ámbito dos países da UE para estudantes que cursen un ciclo formativo da modalidade de FP Dual tanto polo réxime ordinario como polo de persoas adultas no curso 2019-20. Tal como se pode consultar no Portal educativo, trátase de mobilidades de entre 5 e 10 días de duración que terán lugar entre o 15 de outubro e o 30 de novembro de 2019.

As bolsas poderán ser, para cada participante, de ata 100 euros/día para gastos de aloxamento e manutención; e de ata 600 euros para gastos de desprazamento e desenvolvemento de actividades.

Son os propios centros educativos os que deben tramitar as solicitudes, para o cal dispoñen de prazo ata o 30 de setembro.

Cada centro educativo poderá solicitar máis dunha mobilidade e designará o profesorado que acompañará a cada grupo de alumnos na súa mobilidade.