Regulación da acreditación dixital do persoal funcionario de carreira nos centros educativos


31 Xul, 2019

DOG ORDE do 15 de xullo de 2019 pola que se regula a acreditación dixital do persoal funcionario de carreira que preste servizos nos centros docentes dependentes desta consellería no sistema educativo público galego.

Artigo 2. Tarxeta electrónica identificativa

1. A administración educativa proverá aos profesionais dunha tarxeta electrónica portadora do dito certificado, que cumprirá, entre outras, as seguintes funcións:

a) Identificar e acreditar ao seu titular como persoal ao servizo do sector público autonómico.

b) A identificación electrónica dos empregados públicos.

c) Permitir o acceso a sistemas de información e, de ser o caso, a áreas restrinxidas.

2. As tarxetas deberán levar a fotografía do seu titular, o seu nome e apelidos e o número do DNI, co formato que se establece no anexo.

A nivel tecnolóxico disporá das seguintes capacidades: 

a) Chip criptográfico que permitirá o almacenamento de varios certificados dixitais, entre eles, o certificado para persoal ao servizo das administracións públicas e o certificado de persoa física. Así mesmo, a tarxeta permitirá o almacenamento do certificado de representante de persoa xurídica, naqueles supostos en que a persoa ten a dita representación e obteña o dito certificado. 

b) Identificación por radiofrecuencia (chip RFID de proximidade) que permitirá o control de acceso a lugares de acceso restrinxido e a instalacións con acceso controlado mediante elementos de impedimento de paso.

c) Banda magnética como contedor de datos do profesional para a súa utilización en sistemas de información que requiran destes datos.

A expedición de tarxetas farase de maneira progresiva nos centros da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, comezando polo persoal dos equipos directivos.