Convocatoria de prazas para acollemento dun docente estranxeiro no curso 2019/20


20 Mai, 2019

BOE - Resolución de 25 de abril de 2019, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se convocan plazas para centros educativos de Educación Infantil y Primaria, Enseñanza Secundaria, Formación Profesional o de Enseñanzas de Régimen Especial que deseen acoger a un docente extranjero para el curso 2019/2020.

Este programa ten como finalidade, para os centros educativos, reforzar o conxunto de accións destinadas a favorecer intercambios culturais, coñecer outras metodoloxías, así como fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a participación en programas educativos europeos.

Os centros educativos interesados en participar neste programa poderán facelo nunha destas dúas modalidades:

Modalidade A. Como centro de acollida para un docente xa identificado, procedente dalgún dos países incluídos nesta resolución, e que estea a participar nun programa de mobilidade profesional no seu país de orixe.

Modalidade B. Como centro que desexa acoller a un docente dalgún destes países que lle sexa asignado a través deste procedemento, se fose posible.

A presente resolución ten como obxecto a elaboración dunha relación de centros educativos dispostos a acoller, se fose posible, a profesorado de Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Italia, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, República de Irlanda, Suecia ou Suíza para a realización dunha estancia profesional no conxunto do territorio do Estado español.

En ningunha das dúas modalidades recibirase axuda ou compensación económica nin se asegura que a estancia poida finalmente levar a cabo.

A solicitude de participación debidamente cumprimentada a través da sede electrónica no prazo de 20 días naturais: ENLACE