ANPE convértese na primeira forza sindical estatal cos resultados provisionais


05 Dec, 2018

ANPE gaña as eleccións sindicais a nivel estatal 

Os datos provisionais dos resultados obtidos sitúan a ANPE como a primeira forza sindical entre o profesorado do ensino público no conxunto das circunscricións electorais nas que se celebraron estas eleccións.

É o recoñecemento ao sindicalismo independente e profesional comprometido co ensino público e o seu profesorado.

Tras catro anos de incertezas e inestabilidade política que afectou tamén á educación con reformas e contrarreformas, non se abordou en profundidade os verdadeiros retos do noso sistema educativo, ANPE mantivo un discurso coherente, rigoroso, independente e profesional en toda España que coas nosas iniciativas e reivindicacións, co noso compromiso e traballo levounos a gañar as eleccións e ser a candidatura máis votada en Asturias, Canarias, Castela A Mancha e Murcia, así como noutras provincias (Tenerife, Albacete, Cidade Real, Conca, Guadalaxara, Palencia, Valladolid e Zamora). Aumentou a súa representatividade en Andalucía, Madrid, Castela e León, Estremadura, Comunidade Valenciana, Cantabria, Galicia, Aragón e Baleares.

ANPE lidera a representación do profesorado con 368 delegados, seguida por CCOO con 306 delegados, CSIF con 302 e as confederacións de sindicatos do ensino STES suman un total de 361 delegados.

Ábrese un novo período marcado pola inestabilidade política e pola proposta dunha nova reforma educativa ante a que ANPE seguirá esixindo:

- Un Pacto Educativo, que de estabilidade ao Sistema e afaste á educación da confrontación política, apostando polo Ensino Público como eixo fundamental e polo seu profesorado.

- A vertebración e a cohesión do sistema educativo, isto afecta entre outras cuestións á definición dos contidos básicos e comúns, á regulación e o dereito do castelán facéndoo compatible coas demais linguas vernáculas, á propia regulación dos corpos docentes; en definitiva, regular un marco competencial básico no que estean perfectamente definidas as atribucións do Estado e as das CCAA, para que non se resinta o principio de igualdade e de cohesión social en todo o territorio nacional. 

- Abordar dunha vez a situación do profesorado e o seu futuro profesional, dando resposta ao deseño da profesión docente nun dobre aspecto, establecendo unha Lei da profesión docente e, doutra banda, cun Estatuto da Función Pública Docente que recolla e desenvolva a carreira profesional docente.

- Elaborar un plan estratéxico da convivencia nos centros que permita a mellora da convivencia e contemple o desenvolvemento regulamentario da autoridade do profesor, un programa de prevención de acoso escolar que inclúa a aceleración dos protocolos de protección ás vítimas, un plan específico de formación do profesorado e a reactivación do Observatorio Estatal sobre a Convivencia Escolar, entre outras medidas. 

ANPE quere recoñecer o traballo dos seus delegados sindicais artífices deste triunfo e agradece ao profesorado do ensino público a confianza depositada en nós para afrontar os importantes desafíos e retos aos que se enfronta a educación nos próximos anos desde a defensa do ensino público e as condicións laborais dos docentes, un labor na que ANPE traballou sen descanso, desde a independencia, profesionalidade e coherencia ao longo dos seus 40 anos de traxectoria.