• Noticia nova

Modificación de normas fundamentais da Formación Profesional


27 Nov, 2026

BOE - Real Decreto 1047/2026, do 26 de novembro, de garantía de calidade dos centros privados do Sistema de Formación Profesional integrados no sistema educativo, e polo que se regulan os centros asociados, os centros de segunda oportunidade no Sistema de FP a Rede Estatal de Centros de Excelencia de FP e modifícanse o Real Decreto 1558/2005, do 23 de decembro, polo que se regulan os requisitos básicos dos CIFP o Real Decreto 229/2008, do 15 de febreiro, polo que se regulan os Centros de Referencia Nacional no ámbito da formación profesional, e o Real Decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de FP.

ANPE reclama que os cambios na FP vaian acompañados de máis recursos e mellores condicións para o profesorado

O Real Decreto 1047/2026 introduce modificacións relevantes na ordenación da Formación Profesional, entre as que destaca a redución progresiva das ratios, así como novos requisitos organizativos e de calidade e un reforzo das funcións dos centros.

Desde ANPE valoramos positivamente aquelas medidas que contribúan a mellorar a atención ao alumnado e a calidade do ensino público, especialmente a redución das ratios. Porén, para que estas medidas sexan efectivas, a Consellería debe acompañalas dunha planificación adecuada da oferta educativa, do reforzo das plantillas e da dotación dos recursos materiais e humanos necesarios.

A formación dual, a coordinación coas empresas, o seguimento do alumnado e as novas esixencias de avaliación e calidade supoñen máis responsabilidades para os centros e o profesorado, que deben contar co tempo e co recoñecemento profesional correspondentes.

ANPE esixirá que a aplicación desta normativa en Galicia non quede nunha declaración de intencións: menos alumnado por aula, máis profesorado, recursos suficientes e condicións laborais dignas. A modernización da FP debe servir para fortalecer a rede pública e mellorar a calidade do ensino, non para incrementar a carga de traballo dos seus docentes.