• Noticia nova

ELECCIÓNS SINDICAIS 26 - Permisos durante o proceso electoral


15 Set, 2026

DOG - ORDE do 7 de setembro de 2026 pola que se regulan os permisos para o persoal funcionario dos corpos regulados na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio, de educación, en relación coas eleccións sindicais ás xuntas de persoal do funcionariado docente dos centros educativos non universitarios do ámbito de xestión desta consellería.

PERMISOS ELECTORAIS

➡️ Mesas electorais: titulares e suplentes, tempo indispensable para a constitución. O día da votación: xornada completa + 5 horas de redución ao día seguinte.

➡️ Mesas coordinadoras provinciais: permiso retribuído do 30/09/2026 ao 21/12/2026.

➡️ Interventores/as e apoderados/as: permiso durante todo o día da votación.

➡️ Electores/as: permiso polo tempo indispensable para votar. Poderase solicitar xustificante se a mesa está fóra do centro de traballo.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE

ANPE responde!