- As persoas designadas titulares e suplentes das mesas electorais terán dereito a permisos polo tempo indispensable para asistir ás xuntanzas para a constitución da mesa electoral. Así mesmo, quen forme parte dunha mesa electoral durante o día da votación disporá dun permiso retribuído de xornada completa ese día e dunha redución de cinco horas na súa xornada de traballo do día inmediatamente posterior.
- Os membros das mesas coordinadoras provinciais terán permiso retribuído para exercer as súas funcións como tales durante o proceso electoral, desde o 30.9.2022 ao 22.12.2022, ambos incluídos.
- Os apoderados e interventores que designen as candidaturas, se é o caso, terán permiso durante todo o día da votación.
- Os electores en xeral terán permiso polo tempo indispensable para exercer o seu dereito ao voto.