• Noticia nova

Acreditación centros e titores prácticum do curso especialización FP


09 Set, 2026

DOG - RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2026/27.

  • PRAZO: 10 días hábiles
  • Os centros e persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización FP deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas, na aplicación Xade seguindo o itinerario: <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum curso especialización FP>> e <<Voluntario para titorizar prácticum curso especialización FP>>.
  • Os centros educativos que desexen ser designados como centros de prácticas deberán cumprir os seguintes requisitos: Aprobación do claustro de profesores/as, para colaborar co prácticum e Incorporación na programación anual.

  • Á persoa titora corresponderalle a tutela dun máximo de tres alumnos/as en prácticas.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE