• Noticia nova

Instrucións para a organización e o funcionamento das bibliotecas escolares


01 Set, 2026

WEB - Resolución do 1 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da organización e o funcionamento das bibliotecas escolares nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso académico 2026/27.

  • A dirección designará a persoa coordinadora da biblioteca escolar por un período mínimo de dous anos, dando prioridade á súa formación específica, experiencia, interese e dispoñibilidade horaria. Esta desenvolverá as súas funcións baixo a coordinación da xefatura de estudos.

  • A dirección  consignará dito nomeamento na aplicación de “persoal centros” e calquera  modificación posterior deberá ser actualizada.

  • As sesións asignadas á persoa coordinadora e ao profesorado do equipo de apoio terán a consideración de tempo de traballo efectivo dedicado á biblioteca escolar.

    Sempre que a organización do centro o permita, concentraranse as sesións asignadas aoequipo da biblioteca e favorecerase a coordinación entre os seus membros.