A dirección do centro designará unha persoa como responsable da biblioteca escolar por un período mínimo de dous anos, dando prioridade á súa formación específica, á experiencia, ao interese e á dispoñibilidade horaria, que actuará baixo a coordinación da xefatura de estudos. A designación como responsable de biblioteca recaerá preferentemente en profesorado definitivo.
A persoa responsable da biblioteca integrarase na Comisión de Coordinación Pedagóxica do centro
Unha vez distribuído o horario de atención directa ao alumnado, a dirección do centro deberá dar prioridade á biblioteca escolar e asignar horas lectivas e complementarias á persoa responsable da biblioteca e ao profesorado do equipo de apoio.
Para unha efectiva organización e sempre que sexa posible, concentraranse as horas de garda na biblioteca (en horario lectivo ou nos períodos de recreo), no horario daquel profesorado que forma parte do equipo.
Cómpre ter en conta que levar a cabo as funcións da biblioteca escolar esixe tempo de coordinación, a efectos de facilitar e optimizar o traballo do profesorado neste ámbito.