WEB - Nas sedes de ANPE en Galicia estaremos de vacacións no mes de agosto e estas permanecerán pechadas.
Durante o mes de agosto as sedes de ANPE permanecerán pechadas por vacacións do persoal.
Retomaremos o noso horario habitual de atención o 1 de setembro.
Para aquelas cuestións que non poidan agardar ata esa data, manteremos habilitado un teléfono de atención para asuntos urxentes. Lembramos que se trata exclusivamente de situacións que requiran unha resposta inmediata e non poidan demorarse ata a nosa volta.

Así mesmo, o correo electrónico permanecerá operativo para atender as vosas consultas. Iremos respondendo a todas elas tan pronto como nos sexa posible.
Desexámosvos un bo verán e agardamos seguir acompañándovos a partir do 1 de setembro, co compromiso de sempre.