WEB - Infografía coa Xornada semanal do profesorado para o vindeiro curso 2026/27
A redución da carga lectiva e a nova organización do horario son unha das principais melloras acadadas no Acordo de Melloras, subscrito pola maioría das organizacións sindicais da Mesa Sectorial.
Nesta infografía podes consultar, dun xeito claro e visual, como queda a distribución horaria en cada etapa educativa.
Se tes algunha dúbida sobre a aplicación destas medidas no teu centro ou sobre o teu horario, contacta con ANPE.
Informarémoste de primeira man para evitar interpretacións erróneas ou informacións contraditorias sobre o contido e alcance real das melloras acordadas.
