• Noticia nova

Cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, CELGA


23 Xun, 2026

DOGResolución do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

  • As datas de inicio e remate dos cursos que figuran no anexo II son orientativas. As datas concretas faranse públicas nos taboleiros de anuncios e na páxina web da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso.
  • Cada curso terá unha duración de 60 horas presenciais. 
  • A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga. Estas probas convócaas dúas veces ao ano a Secretaría Xeral da Lingua e, de seren superadas, darán dereito á expedición dos correspondentes certificados por parte da dita secretaría xeral.
  • PRAZO: 

    – Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.

    – Desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE