O programa PROA+ FSE+ é un programa de cooperación territorial do Ministerio de Educación, pero está cofinanciado polo fondo Social Europeo Plus (FSE+), é dicir, por fondos da Unión Europea. O Ministerio distribúe os fondos ás comunidades autónomas e estas xestiónanos e executan.
- PRAZO: ata o 15 de xullo
- SOLICITUDE: a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/
- Unha das medidas obrigatorias será o reforzo educativo docente (actividade A230). O profesorado asignado poderá ser: Primaria Pedagoxía Terapéutica (PT) Audición e Linguaxe (Ao) Profesorado de ámbitos científico-matemático e sociolingüístico
Dende ANPE esiximos que os recursos destinados ao programa PROA+ non dependan unicamente de convocatorias temporais nin de fondos europeos condicionados, e que se transformen en dotacións estruturais estables para os centros públicos, garantindo profesorado suficiente e unha atención continuada ao alumnado con maiores necesidades educativas. Os programas extraordinarios poden complementar o sistema, pero non substituír a obriga da Administración.