- Prazo de presentación: dende o 30 de abril ata o 9 de maio
- Solicitudes: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/
➡️ Por un E-Dixgal útil, equilibrado e baseado na realidade das aulas
Desde ANPE esiximos unha revisión profunda do programa E-Dixgal que garanta a súa eficacia pedagóxica e o benestar do alumnado.
- Reclamamos unha avaliación rigorosa, independente e transparente do programa, que vaia máis alá dos resultados académicos e teña en conta o seu impacto real na aprendizaxe, na atención e na convivencia na aula.
- É imprescindible escoitar e incorporar a opinión do profesorado, que coñece de primeira man as necesidades do alumnado e as limitacións do modelo actual.
- Demandamos tamén maior flexibilidade para os centros, permitindo adaptar ou abandonar o programa segundo o seu contexto educativo, sen imposicións.
- Apostamos por un modelo equilibrado que combine recursos dixitais e materiais tradicionais, evitando o exceso de pantallas e reducindo os posibles efectos negativos sobre a saúde, a concentración e o desenvolvemento do alumnado.
A dixitalización non pode ser un fin en si mesma: debe estar ao servizo dunha educación de calidade, inclusiva e respectuosa cos ritmos e necesidades do alumnado.