As estancias profesionais son visitas de estudo e observación nas que un centro europeo acolle ao docente español durante un período de dúas semanas.
- Prazo: do 10 ao 29 de abril
- Destinatarios:
Funcionarios/as de carreira dos corpos de Mestres/as de Educación Infantil e Primaria, Profesorado de Ensino Secundario, Catedráticos/as de Ensino Secundario, Profesorado de Escolas Oficiais de Idiomas, Catedráticos/as de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesorado Técnico de Formación Profesional, Profesorado de Música e Artes Escénicas e Profesorado de Artes Plásticas e Deseño.
- Número de prazas: 120 estancias distribuídas entre os distintos países que se indican na convocatoria.
- Requisitos:
Ser funcionario/a de carreira en servizo activo dos corpos docentes dos ensinos regulados pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación ou en excedencia por coidado de familiares, por violencia de xénero ou por violencia terrorista, e ser nomeado funcionario de carreira con anterioridade ao 1 de outubro de 2026.
Estar a impartir docencia directa nun centro situado nun territorio español no momento de presentar a solicitude de participación nesta convocatoria, excepto nos casos de excedencia mencionados no punto anterior.
Acreditar, polo menos, un nivel de competencia lingüística equivalente ao nivel B2 establecido no Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas oficiais do país elixido. Ademais, poderase optar a estancias en Dinamarca, Estonia, Finlandia, Malta, Noruega, Países Baixos e Suecia acreditando o nivel B2 de inglés.
Non serlle concedida unha axuda para a realización dunha estancia profesional nas catro últimas convocatorias deste Programa. Si poderán participar no proceso selectivo aquelas persoas que, séndolle concedida unha estancia nas últimas catro convocatorias, sufrise unha cancelación por causa de forza maior, segundo o establecido na disposición 9 da convocatoria.
Estar ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
Dotación 1500 € previa xustificación da realización da estancia. A esta dotación aplicaranse as retencións correspondentes.
Para calquera dúbida ou aclaración, podes contactar con exterior@anpe.es ou no móbil 626 300 849