• Noticia nova

Urxe adaptar a atención á diversidade á realidade actual dos centros educativos galegos


27 Feb, 2026

WEBCCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF, asinantes do Acordo de mellora do sistema educativo galego, vimos de rexistrar ante a Consellería unha solicitude formal para actualizar e reforzar os recursos de atención á diversidade. (ver adxunto)

➡️Urxe adaptar a atención á diversidade á realidade actual dos centros educativos galegos 

➡️ O Acordo de 2023 supuxo avances (baixada progresiva de ratios, cómputo dobre e triplo do alumnado con NEE, defensa de unidades no rural), pero son necesarias máis medidas ante o incremento de necesidades nos centros.

➡️ Catálogo obsoleto e falta de persoal 
O catálogo de postos en infantil e primaria (2007) está desfasado: fan falta máis PT e AL, solucións para o persoal coidador, novos perfís (psicoloxía, enfermería escolar…) e reforzo da orientación (departamentos e EOE desbordados).

➡️ Que pedimos? 
•⁠  ⁠Novo catálogo urxente en infantil e primaria
•⁠  ⁠Criterios de dotación no resto de etapas
•⁠  ⁠Ratio de orientación recomendada: 250 alumnos/as por orientador/a
•⁠  ⁠Máis persoal nos EOE

 Esta iniciativa forma parte dunha demanda histórica: é hora de dotar do persoal necesario para garantir unha inclusión real e efectiva.

260227_sol_atencion_diversidad