- Décimo terceiro. Prazas de aceptación voluntaria
Cando as prazas ofertadas sexan de itinerancia, ou de tempo parcial, ou para desempeñar nos centros penitenciarios, centros de menores ou de atención domiciliaria, ou outras de réxime especial que determine a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional,
-
Vixésimo. Chamamentos
Realizada a adxudicación definitiva de destinos provisionais, os chamamentos para realizar substitucións e, se é o caso, interinidades, efectuaranse mediante convocatoria na aplicación https://www.edu.xunta.gal/substitutos ou, excepcionalmente, mediante chamamento telefónico de acordo coa orde de prelación, segundo os datos de contacto das persoas interesadas que consten nesta consellería no seu expediente administrativo persoal (no enderezo https://www.edu.xunta.gal/datospersoais).
Para estes efectos, o persoal docente interino e substituto deberá verificar e/ou actualizar os seus datos de contacto telefónico e manter operativa a súa conta de correo electrónico edu.xunta.gal, de tal xeito que serán responsabilidade exclusiva de cada persoa os erros que deriven do estado destes datos e vinculará tanto a Administración como as persoas interesadas.
A persoas convocadas disporán dun prazo de vinte e catro (24) horas para seleccionaren a orde das vacantes ofertadas. Se a persoa interesada non participa e non o xustifica adecuadamente ou non solicita todas as prazas ás cales está obrigada, será excluída dos chamamentos durante:
• 30 días lectivos a primeira vez.
• 60 días lectivos a segunda vez.
• Definitivamente na terceira ocasión.
Vixésimo primeiro
Se nunha convocatoria quedan prazas sen cubrir, estas poderánselle ofertar a todo o persoal que forma parte da lista desa especialidade para que as poida solicitar con carácter voluntario.
A aceptación dunha praza de carácter voluntario non dará lugar á consolidación do posto na lista.
Disposición transitoria segunda
Mentres non se poña en funcionamento o procedemento de chamamentos a través de convocatoria na aplicación https://www.edu.xunta.gal/substitutos, manterase vixente o procedemento de chamamento telefónico.
Queda derrogada a Resolución do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se lle dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias
ANPE - GUÍA DE INTERINOS E SUBSTITUTOS