• Noticia nova

ANPE organiza xornadas preparatorias para docentes/asesores no exterior


10 Feb, 2026

WEB ANPE organiza unhas xornadas preparatorias en liña dirixidas a docentes e asesores técnicos no exterior interesados en presentarse ás Probas do Concurso de Méritos

  • DATAS: venres, 20 de febreiro de 16:00 a 20:00 horas, e sábado 21 de febreiro, de 11:00 a 14:00 horas
  • As xornadas impartiranse na modalidade en liña, o que permitirá a participación desde calquera lugar.
  • INSCRICIÓN:  www.cursosanpe.es (xornadas formativas)
  • CUSTO: 5€ afiliados/as -  50€ non afiliados/as

Un ano máis, estas xornadas teñen un obxectivo claro: acompañar, orientar e motivar aos funcionarios de carreira que desexan dar o paso cara a unha experiencia profesional no exterior, ofrecéndolles información rigorosa, práctica e baseada na experiencia real.

Durante unha das sesións, os participantes terán a oportunidade de aprender de quen avalía: Inspectores de educación cunha ampla traxectoria en postos no exterior analizarán de forma detallada os criterios de valoración do concurso, explicando que aspectos resultan determinantes para unha boa resolución do suposto práctico e achegando claves fundamentais para afrontar o tipo test con maiores garantías de éxito.

Ademais, ambas as xornadas contarán con voces desde o exterior: docentes e asesores técnicos que actualmente desempeñan o seu labor fóra de España compartirán a súa experiencia persoal e profesional, achegando aos asistentes á realidade dos distintos centros, contextos educativos e países nos que se pode desenvolver esta enriquecedora etapa profesional.

Estas xornadas son unha guía clara e ordenada pensada para resolver dúbidas, reducir a incerteza e axudar aos aspirantes para presentar a súa candidatura con seguridade e confianza. ANPE, o Valor da Profesión Docente