• Noticia nova

Convocatoria Licenzas por formación NON retribuidas


10 Xul, 2026

WEBResolución do 9 de xullo de 2026 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación non retribuídas para o curso académico 2026/27 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión

  • PRAZO: do 13 ao 24 de xullo de 2026, inclusive.
  • SOLICITUDE:  Única e para unha soa submodalidade, a través da aplicación Fprofe ( https://www.edu.xunta.gal/fprofe ).

​Son licenzas non retribuídas aquelas que permiten durante un tempo determinado dedicarse a completar estudos de carácter académico que melloren a formación do profesorado ou a investigación en aspectos educativos.

Poden concederse por períodos ininterrompidos de ata seis meses (do 1 de setembro de 2026 ao 31 de xaneiro de 2027, ou do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2027), ou polo total do período de licenzas por formación, é dicir, do 1 de setembro de 2026 ao 30 de xuño de 2027.

 

Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE