• Noticia nova

ANPE esixe na mesa sectorial a total cobertura de PT e AL en primaria e secundaria


21 Out, 2025

WEB - RESUMO COMPLETO da Mesa Sectorial cos Borradores do Concurso Xeral de Traslados e do Concurso específico de Orientación

A administración confirma que este ano non convocará Concurso específico de Adultos.

  • ANPE traslada a necesidade de afrontar unha profunda reforma da cobertura de necesidades educativas específicas e da atención a diversidade que palien a falta de especialistas nos centros educativos.
    E imprescindible afrontar a cobertura de PTe AL, tanto en primaria como en secundaria así como, confeccionar unha rede realista de Orientación acorde as necesidades reais dos centros evitando os parches ineficaces que a Admón Galega asigna os nosos centros que para nada se adaptan a realidade educativa dos nosos centros.
    So nos últimos 4 anos se triplicou o número de docentes en expectativa dentro destas especialidades o atoparse totalmente desfasados unhos catálogos irreais e unha rede de centros de orientación totalmente absoleta.
  • Fundamental recoñecer a figura do titor/a real con puntuación, horario e remuneración.
  • Para ANPE é importante que as adxudicacións de oficio se fagan pola especialidade de oposición.
  • Demandamos recoñecemento económico de TODAS as coordinacións. 

ROGOS (entre outros)

  • Solicitamos, ante a negociación dos presupostos do ano 2026, que se aborde dunha vez por todas o pago dos 5,5 meses ao profesorado interino, acabando coa discriminación que sufren os sustitutos galegos ante os do resto do estado. Esiximos a reunión urxente da Comisión de Seguemento do acordo para acordar a aprobación da medida.
  • Debemos afrontar xa a actualización da orde de licencias, permisos e excedencias xa que está totalmente desfasada.
  • Pidese por ANPE axilidade no abono de sexenios e trienios consolidados de novo e o abono das cantidades adeudadas os membros dos tribunais das oposicións 2025.10.21

 

Podes ler o RESUMO COMPLETO