Servizos mínimos durante a folga convocada por un só sindicato


24 Set, 2025

DOGORDE do 22 de setembro de 2025 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga convocada para o día 25 de setembro de 2025 no ámbito do persoal docente dos centros educativos públicos desta consellería.

SERVIZOS MÍNIMOS: quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros.

  • Dirección ou membro do equipo da dirección.
  • Nos centros de menos de 6 unidades a persoa titular da dirección poderá ser substituída por un membro do equipo docente. 

Dereitos 

  1. Secundar a folga legalmente convocada. 
  2. Non acudir ao centro se se participa na folga. 
  3. Non ser substituído por outro docente. 
  4. Non sufrir sancións nin represalias pola participación. 
  5. Exercer liberdade sindical e de expresión no marco legal. 

Deberes / consecuencias

  1. Asumir o desconto de salario (día proporcional + parte da paga extra).
  2. Cumprir os servizos mínimos se se está designado.
  3. Respectar o dereito a non folga doutros compañeiros.
  4. Non obstaculizar o traballo de quen non secunde a folga.
  5. Aceptar que non se recupera o día de folga con horas ou tarefas posteriores.

Segundo os artigos 2.1 e 3 un docente incluído en servizos mínimos non pode legalmente secundar a folga.

  • O folguista ordinario → só perda de salario.
  • O designado en servizos mínimos que non acode → perda de salario + responsabilidade disciplinaria, ao ser unha obriga legal ineludible.

 

*ANPE NON secunda esta convocatoria de folga:

Traballamos arreo para conseguir que a aplicación deste Acordo saíse adiante, mesmo tendo en fronte a organizacións sindicais que negaron nos centros educativos os avances que finalmente se conseguiron e que pretenden virar ao profesorado contra o único Acordo que alcanzou melloras reais en moitos anos.

Queda moito traballo por facer e non imos baixar os brazos ata conseguir o desenvolvemento íntegro do Acordo. E se a situación non responde ás expectativas que temos, mobilizarémonos, e iremos á folga o tempo que faga falta, pero ese é un recurso, non o camiño.

E chegados a ese punto, farémolo tal como anunciamos a finais do curso pasado, abríndonos a unha fronte ampla de unidade de acción e que represente a toda a comunidade educativa.

O contrario disto suporía actuar de forma individualista, sen estratexia nin un rumbo claro e buscando rédito a un ano vista das eleccións sindicais en lugar de ter traballado duramente desde o ano 2022 que se celebraron as últimas eleccións.