• Noticia nova

Acreditación centros, coordinadores e titores practicum Máster profesorado Sec. EOI e FP


08 Set, 2025

DOGRESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2025/26.

  • PRAZO de 10 días hábiles
  • Os centros e as persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado deberán solicitar a súa alta á dirección do centro, que rexistrará todas as persoas interesadas, aínda que en anos anteriores estivesen acreditados na aplicación Xade, seguindo o itinerario <<Profesorado>Datos profesionais>Traballo no centro>>, onde existirán dúas opcións: <<Coordinador prácticum máster profesorado>> e <<Voluntario para titorizar prácticum máster profesorado>>.
  • Cada centro terá unha soa persoa coordinadora, que será a persoa directora do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da xefatura de estudos ou, excepcionalmente, unha das persoas titoras de prácticas.
  • Para as EOI, escolas de arte e superior de deseño e CMUS e danza enviarán a súa solicitude ao enderezo electrónico formacion.fprofe@edu.xunta.gal. Nesta solicitude indicarán os nomes do/da coordidador/a e dos/das titores/as cos correspondentes datos de DNI, especialidades e horarios (nocturno/diúrno).